Recurso didáctico da Academia de Superhéroes de verdade

Está pensado para utilizarse, directamente na aula, por parte do profesorado de Infantil.
Convida os nenos e as nenas para ser auténticos superhéroes coñecendo e potenciando os valores da xenerosidade, a solidariedade e o respecto, aos e as demais e ao planeta.
Consta de tres paneis tamaño A2 unidos. Están impresos por ambos os lados polo que dá un total de seis caras. Con eles, pódense formar, alternativamente, dous prismas triangulares distintos.
Ao montalo sitúase enriba dunha mesa, colocando aos nenos e nenas sentados no chan de maneira que o vexan facilmente.
Está acompañado doutros tres paneis soltos, tamén impresos polas dúas caras, que son as probas que deben realizar os nenos e as nenas “aspirantes superhéroes”.
Ademais, hai dispoñibles adhesivos para entregar aos nenos e nenas segundo van superando as diferentes probas.
Mira o vídeo explicativo e se tes interese, debes contactar coa Delegación de Manos Unidas máis próxima, e solicitar este recurso para o teu centro.
O recurso didáctico está dispoñible en castelán, catalán, galego, valenciano, vasco e en inglés.