Plataforma sobre los ODS
Esta plataforma está destinada a facilitar o traballo sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a súa relación cos Dereitos Humanos, e a descubrir os ODS como ferramenta para mellorar a vida das persoas e loitar contra a desigualdade.
Este recurso irase completando e actualizando ao longo do próximos cinco anos para abarcar diversos temas e ODS.
Utilizando as letras do abecedario, poñemos o foco nas palabras que expresan dereitos e valores que poden relacionarse cos ODS para lograr a construción dun mundo mellor.
Empezamos pola primeira letra? O A.
“A” de Acceso aos Alimentos e á Auga. Os ladrillos esenciais para construír a vida. Os elementos primordiais que dan á persoa dignidade, calidade de vida e saúde. Por iso… …Persoa tamén se escribe con A.
"B" de Benestar. Unha palabra que resulta positiva para todos e todas. O benestar é bo e desexable, pero boa parte da humanidade non goza dese benestar. Por iso… …Persoa tamén se escribe con B.
A plataforma consta de tres actividades diferentes, nas que volvemos xogar coas letras, esta vez as que constrúen o acrónimo ODS:
Observa (o mundo ao teu ao redor). Infografía na que achegamos datos e material para a reflexión sobre o tema exposto.
Descobre (as desigualdades que atenazan a moitas persoas). Isto faise mediante un chat simulado cunha socia local de Manos Unidas, que nos falará da situación da súa comunidade. Antes de acceder ao chat, propoñemos un test* para reflexionar sobre que nivel de información e compromiso temos coas persoas máis vulnerables do planeta.
Suma (implicarte por cambiar as cousas). A construción dun mundo mellor non pode facerse, soamente, desde a terceira persoa de quen máis o necesitan, eles e elas, senón que debemos asumilo en primeira persoa: nosoutros e nosoutras. Aquí ofrecemos a posibilidade de crear un cartel que reflicta, de xeito sinxelo, a nosa visión e axude a sensibilizar sobre o tema. Serán publicados na propia plataforma.
* Podes consultar aquí, as respostas do test de compromiso.