Aplicación sobre los ODS

Esta plataforma está destinada a facilitar o traballo sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a súa relación cos Dereitos Humanos, e a descubrir os ODS como ferramenta para mellorar a vida das persoas e loitar contra a desigualdade.
Este recurso irase completando e actualizando ao longo do próximos cinco anos para abarcar diversos temas e ODS.
Utilizando as letras do abecedario, poñemos o foco nas palabras que expresan dereitos e valores que poden relacionarse cos ODS para lograr a construción dun mundo mellor.
Empezamos pola primeira letra? O A.
“A” de Acceso aos Alimentos e á Auga. Os ladrillos esenciais para construír a vida. Os elementos primordiais que dan á persoa dignidade, calidade de vida e saúde. Por iso… …Persoa tamén se escribe con A
A aplicación consta de tres actividades diferentes, nas que volvemos xogar coas letras, esta vez as que constrúen o acrónimo ODS:
Observa (o mundo ao teu ao redor). Infografía na que achegamos datos e material para a reflexión sobre o tema exposto.
Descobre (as desigualdades que atenazan a moitas persoas). Isto faise mediante un chat simulado cunha socia local de Manos Unidas no Ecuador, que nos falará da situación da súa comunidade. Antes de acceder ao chat, propoñemos un test* para reflexionar sobre que nivel de información e compromiso temos coas persoas máis vulnerables do planeta.
Suma (implicarte por cambiar as cousas). A construción dun mundo mellor non pode facerse, soamente, desde a terceira persoa de quen máis o necesitan, eles e elas, senón que debemos asumilo en primeira persoa: nosoutros e nosoutras. Aquí ofrecemos a posibilidade de crear un cartel que reflicta, de xeito sinxelo, a nosa visión e axude a sensibilizar sobre o tema. Serán publicados na propia plataforma.
* Podes consultar aquí, as respostas do test de compromiso.