Actividades dos ODS

Primaria

Nestas actividades, expomos os temas de Dereitos Humanos (DDHH) e da paz, entendida esta de maneira ampla, como unha situación na que impera a xustiza (e os DDHH) e na que non están presentes ningunha forma de violencia, nin estrutural, nin cultural nin directa. Correspóndense, fundamentalmente, cos ODS 10 e 16.

Máis que letras ten dúas versións, para adecuala á idade do alumnado. En ambos os casos é unha actividade que combina unha actividade presencial con toda a clase e unha actividade dixital para realizar en grupos.

Para facela, necesítanse catro equipos informáticos: computadores (preferiblemente) ou tabletas.

O poder dunha palabra é unha dinámica por grupos para reflexionar sobre os valores universais que sosteñen os dereitos humanos.

A ficha para traballar os vídeos Operación xantar, xa que estes profundan no concepto amplo de paz.

Suscríbete a la newsletter

Informarse es el primer paso para actuar.

Suscríbete