Actividades dos ODS
Con estas fichas, trátanse dous temas fundamentais, o respecto pola nosa casa común, a Terra, e o noso papel como consumidores e consumidoras.
Isto correspóndese directamente cos ODS 12, 13, 14 e 15, centrándoo, fundamentalmente, en dous: a 12 “Produción e consumo responsables” e a 13 “Acción polo clima”. Aínda que é importante dicir que moitas das consecuencias do impacto ambiental repercuten directamente nas persoas máis empobrecidas, polo que ven implicados outros catro ODS: 1, 2, 3 e 6.
A través delas, queremos reflexionar nelas sobre a nosa responsabilidade como consumidores e consumidoras na consecución dun mundo máis habitable para os seres humanos nos próximos anos.
Hai actividades que implican a cooperación e traballo en equipo para a consecución dos seus obxectivos.
Tamén se propón a realización de campañas informativas en RRSS para concienciar á nosa contorna do traballado coas actividades.
Criterios de consumo responsable.
Infografía que nos axuda a reflexionar sobre os nosos patróns de consumo, na procura dun consumo máis responsable que nos achega aos ODS 8 e 12.