Actividades dos ODS

Primaria

Con estas actividades, trátase dous temas fundamentais, a alimentación, a auga, enfocado cara á súa consecución como dereitos para todas as persoas.

Isto correspóndese cos ODS 1, 2, 3, 6 e 12. 14 e 15, aínda que centrándoo, fundamentalmente, en dous: a 2 “Fame Cero” e a 6 “Auga limpa e Saneamento”.

A través delas, pódese traballar a desigualdade en materia de alimentos e a importancia do desperdicio de alimentos como factor que impide o acceso de moitas persoas aos mesmos. Ademais, reflexiónase nelas sobre a nosa responsabilidade como consumidores.

Pódese tamén coñecer a importancia da auga para as persoas e as consecuencias cando falta.

Hai actividades que implican a cooperación e traballo en equipo para a consecución dos seus obxectivos.

Por último, proponse a realización de campañas informativas para concienciar á nosa contorna do traballado coas actividades.

 

Suscríbete a la newsletter

Informarse es el primer paso para actuar.

Suscríbete