I
En Manos Unidas, consideramos ao profesorado como unha peza crave á hora de formar unha cidadanía atenta e implicada na loita contra as inxustizas presentes no noso mundo.
O obxectivo dos nosos Cursos de Formación é facilitarche recursos para espertar no teu alumnado o sentido crítico e o compromiso na construción dunha sociedade máis igualitaria.
Grazas ao Convenio de Colaboración asinado entre Manos Unidas e o Ministerio de Educación, o profesorado participante que estea en activo, obterá a acreditación oficial tras a realización dos cursos.
A metodoloxía é fundamentalmente práctica, buscando ofrecer ao profesorado recursos de fácil aplicación na aula e que favorezan a participación e o traballo en equipo do seu alumnado.